Manu Chao en Vilalba

Redacción.-

O músico Manu Chao, fillo do escritor vilalbés Ramón Chao, estivo hoxe en Vilalba nunha visita de carácter privado, acompañado do seu pai.

Chao, que a pasada fin de semana actuou diante de máis de vinte mil persoas en Ourense no marco do Festival Reperkusion, aproveitou a mañá para coñecer a algúns familiares da parroquia de Árbol.

Pola tarde, e tomando como base de operacións a coñecida Casa Anduriña, Ramón e Manu Chao pasearon pola vila, saudando a numerosas persoas que se achegaron a coñecer ao músico francés de orixe vilalbés.



Fotografías: Chema Felpeto/Noa Castro. AVV

23 de maio de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión